O impulso demográfico e o natalismo

O impulso demográfico e o natalismo
28 de Xaneiro, 2020 - 11:13 h. | Publicada por Radio Tui

A Lei de impulso demográfico presentada pola Xunta de Galicia recolle medidas que xa estaban en marcha e non están a funcionar. Segundo a deputada do PSOE Noela Blanco “non está garantida a permanencia dos servizos básicos no rural”. A parlamentaria do Grupo Común da Esquerda Luca Chao censura o enfoque natalista e familiarista que responsabiliza ás mulleres. Polo BNG Montse Prado indica que o problema demográfico fundamental e a ausencia de emprego. Con precariedade, falta de expectativas de vida e imposibilidade de emanciparse da xente nova, non hai impulso demográfico, conclúe Prado. Pola súa banda o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo manifesta que o primeiro problema estrutural do pais é o declive demográfico.

Antía Pérez Caramés é socióloga

Segundo a socióloga Antía Pérez Caramés, o pensamento neoliberal atopa no declive da poboación e no avellentamento soportes argumentais para construír un discurso demográfico que pasa polos recortes dos dereitos sociais e o fomento da privatización dos servizos públicos. A demografía “apocalíptica” predica a volta ao vello natalismo nas políticas públicas. É unha maneira de achacar o “atraso económico” á estrutura demográfica.
Fronte a esta teoría, outros teóricos engaden os movementos migratorios como un factor que, ademais do incremento da esperanza de vida e da caída da fecundidade, tamén inflúe no proceso de avellentamento.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora