O impulso educativo dos emigrantes

O impulso educativo dos emigrantes
19 de Outubro, 2018 - 09:39 h. | Publicada por Radio Fene

Limodre conmemora o aniversario da criación da Sociedade de Instrucción Fillos de Limodre. As sete e media da tarde o historiador Bernardo Maiz presentará o seu libro “Os nomes do terror”. Mañá sábado tamén as sete e media exhibicións de baile, con Tedaga e Cambadela de Airiños de Fene. Todo finalizará cunha repichoca co cuarteto Arela. Todo no local social Juan Varela de Limodre.

Ana Santiago e Xabier Ribeiro da A.V.V. de Limodre

O edificio escola de Limodre inaugurouse o seis de novembro de 1927. Para impulsar a obra, xente de Limodre constituira a sociedade "Fillos de Limodre" o 3 de outubro de 1925, con regulamento aprobado polo goberno civil o 8 de outubro do mesmo ano. O dia dezaoito celebrouse uha asemblea na que se elexiu xunta directiva presidida por Bernardo Varela Grande. Seguidamente acordouse a adquisición do solar necesario para edificar a escola,facnedose realidade, grazas a axuda económica dos emigrantes e do presidente de honra Juan Varela Grande, segundo se indica na publicación "Limodre, onte e hoxe" editada pola Asociación Veciñal en 1994.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora