O impulso pedagóxico da sociedade Naturais de Fene

O impulso pedagóxico da sociedade Naturais de Fene

30 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O mestre de Serantes Juan García Niebla falou nos actos de inauguración das escolas Concepción Arenal de Fene e Curros Enriquez de Maniños celebrados en novembro de 1916. Segundo a prensa da época, “en párrafos sentidos gabou a patriotica labor dos fillos de Fene residentes no exterior. Dixo que as escolas por eles creadas neste distrito son de grande necesidade. Aconsellou a armonía entre “as escolas nacionais e as privadas que xeralmente a

 En 1912 en Cuba imprímese a primeira Memoria ou Historia Social da entidade, que se abre coas seguintes palabras do escritor Joaquin Aramburu:
“Instruir é edificar. Quen funda escolas, civiliza: quen educa homes, fai patria. O primeiro deber dun cidadán é instruirse: o segundo traballar. Protexer é sementar a mellor semente, a da gratitude. Morrer sen ter protexido a ninguén, debe ser como secarse unha arbore sen ter dado sombra”.

Os grupos escolares Concepción Arenal de Fene e Curros Enriquez de Maniños inauguranse en  novembro de 1916. As duas escolas acollerán a douscentos cincuenta nenos e nenas. Imparten un ensino que mellora de xeito notable a media da época na zona. A vontade da Sociedade Naturais de Fene era superar as carencias das escolas públicas do momento. Seguian o programa dos centros públicos pero mellorados cos coñecementos da Institución Libre de Enseñanza. Concienciaronse sobre a importancia da educación para desenvolverse con soltura no mercado de traballo e para o progreso da sociedade.

Sociedade