O incendio dun camión bloquea a autoestrada perto de Santiago

O incendio dun camión bloquea a autoestrada perto de Santiago

06 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Un incendio fortuíto no camión-escenario da orquestra Panorama obrigou a cortar a autoestrada AP-9 á altura do quilómetro 61. O lume, declarado sobre as 16.30 no remolque do vehículo, provocou que os dous carrís en dirección cara á Coruña quedasen pechados ao tráfico.

O tráfico foi desviado pola N-550 por San Lázaro en dirección a Sigüeiro para poder ir cara á Coruña, e os coches que quedaron retidos polo corte de tráfico están a ser obrigados a dar a volta no mesmo carril para volver a Ordes. O incendio, do que se descoñecen polo momento os motivos e que en principio non causou feridos, resultou moi aparatoso e visible por unha gran columna de fume negro. Os medios de extinción tiñan serios problemas para conter as virulentas chamas.

Sociedade