O Insúa Bermúdez entrega os premios da XIV edición do certame Benxamín Paz

O Insúa Bermúdez entrega os premios da XIV edición do certame Benxamín Paz

01 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O pasado venres, día 28 de maio de 2010, entregáronse os premios da XIV edición do Certame Literario “Benxamín Paz” que organiza o CEIP “Antonio Insúa Bermúdez”. O acto, que tivo lugar ás 19 horas no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, enmarcouse dentro das actividades que o colexio chairego programou co gallo das Letras Galegas para “fomentar a creatividade artística e literaria, por un lado,

Dentro da modalidade de poesía, a alumna de primeiro ciclo María Villarino gañou coa súa obra “Falan e falan”. Dentro da categoría de 2º ciclo o galardón tivo que ser compartido, posto que Ainé Shilpa Novo Yáñez, con “As letras falan” e Uxía Gato Díaz, con “O vento”, fixéronse co primeiro posto. “Os sentimentos”. De Lydia Prado Pernas gañou no 3º ciclo.

En Narrativa os vencedores foron Nerea Rego Campello, con “A fada amor”, en 1º ciclo; Silvia López Lorenzo, con “A serea do río”, en 2º ciclo, e Laura Santiso Montenegro, “O libro ladrón”, e Ainhoa González Rodríguez, con “O feitizo de Romina” compartiron galardón no último ciclo.

Por último, en debuxo, gañaron Nerea Regueira Roca, David Sánchez del Río e Diego Maseda, en infantil de 3, 4 e 5 anos respectivamente.

Publicado un novo número da revista escolar “A Pravia”

O CEIP “A. Insua Bermúdez” ven de editar o número 60 da súa revista escolar “A Pravia”, coincidindo co mes das Letras Galega. O protagonista deste novo traballo será Uxío Novoneyra. Ademais, haberá unha entrevista a Pilar Fraga, de Lambuxos; unha ampla reseña do XIV Certame Benjamín Paz; os distintos traballos das aulas; as noticias propias do Colexio; os murais realizados no curso; a páxina de APA; Medio Ambiente e Investigación; a homenaxe dos alumnos a un mestre e unha mestra do Centro que se xubilan; un novo artigo sobre orientación educativa; o apartado de recensións de libros lidos por membros do equipo de redacción e que leva por título “Que lindo é ler!”a colaboración de tres alumnas de Maxisterio que fixeron as prácticas no noso Centro; os recortes de prensa, e un recordo especial para David, no 1º Cabodano do seu pasamento.

A revista repártese a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais ou aos medios de comunicacións.

Sociedade