O irmanamento de Ferrol e Adelaida terá grande trascendencia, segundo Irisarri

O irmanamento de Ferrol e Adelaida terá grande trascendencia, segundo Irisarri

18 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, confirmou esta mañá no decurso dunha rolda de prensa o firme compromiso de irmanamento da cidade departamental coa vila de Adelaida. O rexidor ferrolán manifestou a enorme satisfacción do goberno local ante este feito que él mesmo calificou de “grande trascendencia” para a cidade.

A iniciativa deste irmanamento partiu do alcalde da cidade australiana, Michael Harbison, quen no pasado mes de maio manifestou a súa idea a través dunha carta dirixida ó alcalde de Ferrol. A incredulidade inicial do goberno municipal fixo que dende o consistorio se iniciasen conversas e pesquisas acerca desta petición. Foi o propio rexidor ferrolan quen se puxo en contacto cos responsables da Cámara de Comercio Española de Australia del Sur, cuio responsable, José Antonio Arjona, confirmou o desexo do alcalde australiano de levar a cabo o proxecto de irmanamento. Trá-las multiples conversas e intercambio de misivas ámbalas dúas cidades traballan xa nos trámites burocráticos que han ratificar este acordo.

Vicente Irisarri sinalou que dende o concello de Ferrol estáse a traballar xa nas xestións administrativas así como na xuntanza dunha expedición que viaxaría á cidade australiana no mes de marzo do vindeiro ano. Esta delegación, integrada por políticos, empresarios e representantes da vida cultural e social da cidade, viaxaría a Adelaida para unha primeira toma de contacto e un estreitamento máis efectivo das relacións entre cidades. Unha das primeiras tomas de contacto terá lugar o vindeiro sábado con motivo dunha festa que a comunidade australiana que traballa nos estaleiros de Navantia celebrará en Ferrol. Vicente Irisarri manifestou ó respecto que será a primeira oportunidade que a cidade de Ferrol terá estreitar contactos co pais australiano. Un encontro no que agardan, en verbas do propio alcalde “deixar o pabellón ben alto”.

Sociedade