O Jansu faise cun ouro e unha prata en Ourense

O Jansu faise cun ouro e unha prata en Ourense

06 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os equipos Alevín A e Benxamín A do Club Taekwondo Vilalba Jansu Congelados Asturagalaicos veñen de obter sendas medallas de ouro e prata respectivamente na modalidade de exhibición na Primeira Edición do Deporte Escolar, que tivo lugar no pavillón de Los Remedios en Ourense. Este éxito os coloca na fase final a nivel autonómico que se celebrará o 18 de abril na cidade das Burgas.

Raúl Rodriguez Álvarez, Brais Pena Verdes, Rubén Carballeira Cabana, Adrián Vidal Ónega, Antonio Fernández Rico, Xacobo Grande Pernas e Iria Portela Comba foron os grandes protagonistas do fin de semana ao gañar este importante certame na categoría de Alevín A. Para Víctor Méndez Vales, Elena Casanova Fernández, Valeria Fuenteseca Legide, Silvia Moreno Campo, Silvia Soto Carballeira e Sonia Cobas Rico, do Benxamín A, quedou a prata, mentres que tan só tres décimas separaron ao Benxamín B do Jansu de subir ao podium e facerse co bronce.

Éxito de Janice López e David Ansede

Por outro lado, os loitadores do Moo Duk Kwan de Vilalba, Janice López Castelo e David Ansede Carballeira, foron convocados pola federación galega de Taekwondo para unha concentración da categoría cadete que se celebrará este fin de semana nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación en Pontevedra, co fin de formar aos membros da selección autonómica que participará próximamente no Open de España en Alacante e no Open de Alcobendas.

Sociedade