O Kiosco de San Valentín

O Kiosko abríu as súas portas o 1 de setembro no bloque 4 do barrio fenés.
13 de Setembro, 2019 - 11:47 h. | Publicada por Radio Fene

O Kiosko de San Valentín abre a diario para vender a prensa e todo o que unha se poda imaxinar en papelería e agasallos.

ESCOITA O PODCAST:

Un novo negocio abriu as portas no barrio de San Valentín. Unha papelería que ven cubrir un espacio que quedou baleiro coa xubilación de Amalia García. Chámase O Kiosko de San Valentín e está rexentado por filla e nai; Noemí Fentón e Lidia Filgueira. Abríu as portas na Avenida do Mar, bloque 4 nº 10-11, o domingo 1 de setembro. Chegaron tarde para os libros de texto pero a tempo para vender calquera material escolar que se nos ocurra. Porque O Kiosko de San Valentín está ubicado a escasos metros do pavillón e do colexio A Xunqueira. Os veciños e veciñas do barrio poden adquirir alí a prensa diaria. De feito a prensa e as gominolas son de momento o máis demandado, en palabras de Noemí Fentón.

O Kiosko non pecha nunca, abre de domingo a domingo, mañá e tarde. Con ilusión afrontan Noemí e Lidia ( na imaxe) esta aventura empresarial, tanta que o local foi reformado e decorado por elas mesmas. Coa cor branca de fondo, destacan no Kiosko as múltiples cores dos bolis, carpetas, cartolinas, plastilinas ou mochilas. Leva menos de dúas semanas aberto e o Kiosko xa é lugar de referencia en San Valentín. "A acollida foi maravillosa", declarou Noemí Fentón.

Sociedade

Publica o teu comentario agora