ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O lado do que dormes -Edicións Xerais- de María Canosa (Cee. A Coruña) foi o libro elexido para comentar no clube de lectura con Eva Mazás, Esther Val, Henrique Sanfiz e a propia escritora.
María Canosa gusta de escribir. A forma que lle dea a esa escrita depende do que lle pida a historia que se lle meteu na cabeza. A obra que lemos no clube de lectura “ O lado do que dormes” pediulle dar un golpe na mesa e decidiu que fose unha novela. A famosa conciliación, da que tanto se fala e pouco se resolve, é o eixe vertebrador desta obra. Laura, 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo… carga con todo ela soa. Preguntámoslle a María cando chegará a famosa conciliación e responde que "cando as mulleres sexamos conscientes de que non somos as únicas responsables de todo, de absolutamente todo". Cando as empresas e a administración pública entendan "as tarefas do fogar e da familia" como un deber dos dous proxenitores. “Se non é así non imos chegar a nada” afirma Canosa.
O libro fala da incorporación da muller ao mundo laboral de fora da casa. “As mulleres traballamos moito máis que antes. A concepción que se ten de nós cambiou pero, se non cambia o resto, segue quedando moito por cambiar” deduce a protagonista da historia. María Canosa é autora de numerosos libros, a maioría destinados a lectores mozos e mozas porque di que ten unha misión literaria que cumprir coa mocidade. Nesta ocasión a historia de Laura metéuselle na cabeza e tivo que sacala en “O lado do que dormes” editada por Xerais. Non quita que sexa apta para todos os públicos.
(Na imaxe, María Canosa, enxeñeira de Camiños, Canales e Portos ademais de escritora)
Publica o teu comentario agora