O latexo da vida e a conciencia

O latexo da vida e a conciencia

10 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“O latexo da vida e da conciencia. Memorias Colectivas de Rafael Pillado – I”. Chámase así o libro presentado onte no Auditorio do vicerreitorado do campus de Esteiro (Ferrol) da Universidade da Coruña. O volume relata as peripecias vitais dun dos fundadores de Comisións Obreiras en Bazan, lider sindical e político, forxado nos estaleiros.

O salón quedou pequeno para os centos de persoas que acudiron a arroupar a quen tamén foi secretario xeral do Partido Comunista de Galicia. O protagonista do acto, Rafael Pillado, falou en Radio Fene das súas Memorias pero tamén falou do futuro. Preguntado se hai unha saida de esquerdas á crise, contestou que está por fraguarse unha alternativa política global ao sistema e que só pode nacer da movilización cidadá. Puxo exemplos da primavera árabe e tamén o caso arxentino.

Sociedade