ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tras un proceso de asembleas en todas as comarcas leiteiras da Galiza, o Sindicato Labrego Galego elixiu ás persoas que integrarán a nova Dirección Nacional do Leite, que se presentará en sociedade mañá, venres 18 de marzo, en Ordes (A Coruña), nun congreso no que deberá elixir ás persoas que, a partir de entón, coordinen este sector no SLG. Ademais, tamén se debaterá un relatorio no que se marcarán a
O Sindicato analisará as perspectivas dun sector leiteiro preocupado polos baixos prezos e polo que califican de "competencia desleal" de leite producido noutros paises sen garantías sanitarias e que se introduce a baixo prezo nas grandes superficies comerciais.
O Congreso do Leite do SLG terá lugar nas instalacións do restaurante Barreiro, en Leira (Ordes) quilómetro 32 da estrada N-550, e ten previsto comezar ás 11:00 horas e clausurarse ás 18:00.
A orde do día é o seguinte:
10:30.- Recepción de congresistas e entrega da documentación.
11:00.- Benvida ás/aos participantes.
11:15.- Elección da Mesa do Congreso.
11:20.- Presentación da Orde do día do congreso sectorial de vacún de leite e aprobación da mesma.
11:25.- Debate de emendas ao Regulamento do Congreso e aprobación do mesmo.
11:35.- Presentación do Relatorio do Congreso
11:55.- Debate das emendas presentadas ao Relatorio do Congreso de vacún de leite.
14:00.- Xantar
16:00.- Continuación do debate
17:00.- Aprobación do Relatorio do Congreso de vacún de leite do SLG.
17:30.- Presentación da Dirección Sectorial de vacún de leite e elección pola mesma do/a Responsábel e Viceresponsábel de sector.
18:00.- Clausura do congreso.