O Lingua de Amor 2009 ábrese ao eido musical

O Lingua de Amor 2009 ábrese ao eido musical

18 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) e a Concellaría de Xuventude e Normalización Lingüística de Vigo veñen de pór en marcha a III edición de Lingua de Amor, o concurso de declaracións de amor en galego a través do correo electrónico e nesta ocasión tamén, como novidade, poderán enviarse cancións. Ademais, este ano ha

O Lingua de Amor celébrase con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet. O obxectivo principal do concurso segue a ser dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles como son os correos electrónicos, foros, chats... Desta volta, Lingua de Amor conta cunha nova modalidade, a musical; é dicir, a maiores das declaracións de amor a través do correo electrónico (dun máximo de 350 caracteres), tamén se poderán enviar cancións. O prazo para enviar mensaxes e cancións permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009 e para as votacións será do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web www.linguadeamor.eu.

Ao igual que na edición anterior, mantéñense as dúas categorías de idade (de 14 a 19 e de 20 a 35 anos), mentres que os premios serán os seguintes:

 

DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO A TRAVÉS DA REDE

Categoría A (de 14 a 19 anos):

1.º Un ordenador portátil

2.º Unha videoconsola PlayStation3

3.º Un Ipod

Categoría B (de 20 a 35 anos):

1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas

2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas

3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas

Ademais, todos eles recibirán un lote de libros en galego

 

CANCIÓNS DE AMOR EN LINGUA GALEGA

1.º Un ordenador portátil + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

3.º Un Ipod + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

 

O peche final do concurso terá lugar o 30 de maio cun acto de entrega de premios na cidade olívica.

Cultura