O litro de leite, a vinte céntimos

O litro de leite, a vinte céntimos

17 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"O gandeiro que cobra 20 céntimos non pode agardar a setembro, á próxima reunión da Unión Europea, como propón a ministra", explica Roberto García, de Unións Agrarias. Entre dez e quince mil persoas participaron esta mañá en Santiago de Compostela na marcha en defensa do sector leiteiro. As dez mil granxas de produción leiteira de Galicia atravesan unha situación extrema polos baixos prezos que se abonan polo

A esixencia xenérica de dignidade e prezos xustos concrétase nunha máis concreta. "Dado que a conselleira non se sente capaz de sentar na mesma mesa" a industria, produción e distribución "que sexa o presidente da Xunta quen lidere a solución", piden. Sobre a mesa, destacan, está o futuro de "máis de 10.000 familias e 50.000 empregos" no rural galego. Se as solucións non chegan e o limiar dos prezos mínimos non sobe "veríamonos obrigados non só a continuar as mobilizacións", senón a darlles "outra volta", advirte García. Sobre a mesa están xa posibilidades como a folga de entregas ou a tractorada masiva.

As gandeiras e gandeiros amosaron durante os últimos meses "responsabilidade ilimitada", mesmo renunciando a convocar mobilizacións "durante a campaña electoral. Pero agora, dadas as circunstancias, "estamos dispostos a poñer todo o peso político que faga falta para esixir unha solución política". Os manifestantes esixíronlle á Xunta actuacións concretas para reverter a actual situación, que non só ten coma orixe factores esóxenos, coma a caída da demanda internacional por mor dun descenso do consumo. Para os sindicatos agrarios, as grandes empresas distribuidoras están a exercer unha presión insoportable sobre os produtores, forzándoos a aceptar prezos moi baixos, ameazando con deixar de mercarlles o leite, nunha estratexia tendente a deslocalizar a produción láctea cara ás zonas de maior consumo e os centros de distribución.

Sociedade