O lume continua activo en Monfero

O lume continua activo en Monfero

01 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha inmensa nube de fume gris cubre o parque natural das fragas do Eume. Os veciños e veciñas da Capela xa volveron ás súas casas. Alí o lume está controlado, pero continua activo en varios puntos do concello de Monfero. O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo visita a zona afectada, acompañado dos conselleiros de Infraestructuras Agustín Hernández e do Medio Rural Rosa Quintana.O alcalde da Capela denuncia "erros de coord

Segundo información oficial da Consellería do Medio Rural, o incendio das fragas do Eume afectou a 750 hectáreas -500 de monte arborado e 250 de monte baixo- nas zonas de Cabalar e na Capela. Aos traballos de extinción sumáronse 115 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias. "No se ha tardado en actuar pero hay que entender la tensión de los vecinos" manifestou o presidente da Deputación de A Coruña Diego Calvo, para xustificar a indignación cidadán posta de manifesto nas protestas diante do presidente da Xunta e da conselleira do Medio Rural. "Estamos en mellores condicións que onte pola tarde" afirmou o conselleiro de Infraestructuras Agustín Hernández, quen, non obstante, apelou á prudencia á hora de valorar a evolución do lume nas vindeiras horas, dacordo coas condicións meteorolóxicas.

 

 

Sociedade