O lume do Pindo é un atentado ecolóxico, segundo o alcalde de Carnota

O lume do Pindo é un atentado ecolóxico, segundo o alcalde de Carnota

12 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

"O lume do Pindo foi intencionado para que non declararan a zona como Parque Natural, o que o convirte nun atentado ecolóxico" afirma o alcalde de Carnota Ramón Noceda (BNG). O lume provocou cortes nos servizos básicos. Zonas de Carnota, Muros e Noia sofriron interrupcións no servizo de augas. Tamén fallou a enerxia eléctrica e a telefonía fixa e móbil.

A Xunta sinala ás 17 horas que son 1.600 hectáreas calcinadas no lume de Carnota. Unha veciña informa a quepasanacosta que "a cousa está máis calma, xa se pode respirar e os veciños desaloxados xa puideron volver ás súas casas”. Mentres, os helicópteros seguen intentando extinguir un lume que non quedou ben apagado.

 

A Xunta mantiña ás 13,30 a cifra de 1.000 hectáres calcinadas, dado que xa dera ás 9:30h. Metres permanece declarado o Nivel 1, como medida preventiva, no incendio rexistrado no concello de Carnota, parroquia homónima. O lugar do Pindo o máis afectado neste mediodía de xoves, pero parece que a cousa se calma.

Tras unha triste noite de intenso traballo aínda conitnúa activo ás 8:00h da mañá o incendio de Carnota. De feito, a estrada AC-552 que une Cee e Muros segue cortada á altura do Viso, San Mamede e Caldebarcos, varias casas tiveron que ser desaloxadas en lugares como San Cibrán, Cornido, Vadebois, Caldebarcos, Panchés, A Curra ou Quilmas, concretándose o nivel de alerta 1. Ademais, o lume levou ao seu paso boa parte co Monte Pindo recordando as terribles estampas daquel agosto do 2005.
Mentres os veciños loitan por manter as súas casas a salvo do lume, pero non teñen nin liña de teléfono nin internet.

O lume nacía en Arcos, Mazaricos, arredor das 21:30h do mércores, baixaba case que a o mar espoleado polo vento e comezaba a desprazarse dirección norte ameanzando os lugares mencionados, ata O Pindo e case que o Ézaro. Á primeira hora da mañá @incendios85 actualizada a cantidade de área arrasada, que xa superaba as 1.000 hectáreas (cada unha equivale a unha superficie dun campo de fútbol), chegando mesmo ás zonas da praia de Boca do Río.

Sociedade