O lume queima vinte hectáreas na Capela

O lume queima vinte hectáreas na Capela

14 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Continúa activo un incendio forestal rexistrado no concello da Capela. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas. A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da continuidade do lume nesta mañá.

O lume iniciouse ás 05:00 horas desta madrugada na parróquia da Capela no concello do mesmo nome da Coruña. Segundo as primeiras estimacións provisionais a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas.

Nos traballos de control deste incendio participan 4 axentes forestais, 7 brigadas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Sociedade