ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O guitarrista estadounidense Adam Bomb visita Galicia esta semana. Actuará no Pub Gatos de Melide o mércores, 6 de xaneiro, a partir da unha da madrugada. O músico conta cunha ampla discografía desde o ano 1981 e ten traballado con artistas da talla de Cliff Williams de AC/DC ou co baixista de Led Zeppelin John Paul Jones. Ademais, xunto ao seu grupo ten acompañado a grandes como WASP, Metal Church ou Metallica nalgunha das súas xiras.
Adam Bomb está considerado un dos músicos máis prolíficos do hard rock americano do último cuarto de século. O seu show no Pub Gatos será de balde.