O Maniños desfixo a maldición en Elviña cun 2-4

O Maniños desfixo a maldición en Elviña cun 2-4

20 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Na Primeira autonómica, o Maniños venceu a domicilio no campo grande de Elviña. Gañou con autoridade ao Orillamar por 2-4 e suma 26 puntos. Había anos que o Maniños non gañaba neste campo. A pesar de que a primeira parte, segundo recoñece Nesy Otero, non foi boa pola sua parte, na segunda dominaron o xogo. O resultado final foi xusto, segundo Nesy Otero.

Os autores dos goles foron Leo, Choche e Churras (2)  un xogador, este último, que marca a diferencia e da moito ao equipo, segundo o técnico. O próximo encontro enfrontará ao Maniños co Atlético de Arteixo no campo do Pote. O rival leva unha temporada impresionante con 17 victorias e dous empates, pero o Maniños tentará romper esa racha porque os de Fene están coa moral polas nubes e o momento é óptimo para recibir ao líder.

Nesy Otero enviou o pésame do Maniños ao Somozas pola perda do seu presidente, manuel Candocia.

Sociedade