O Maniños despelexa ao Narahío

O Maniños despelexa ao Narahío
23 de Decembro, 2019 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños 5- 0 Narahío. “O partido foi como reflicte o resultado con moita superioridade do equipo local, aínda que na primeira media hora fallamos moitas ocasións e o conxunto visitante resistiu ben plantado no campo” afirma o segundo adestrador do Maniños Uxío Romero.

ESCOITA O PODCAST:
O Maniños despelexa ao Narahío

Tardou en abrirse o resultado pero xa se chegou ao descanso cun 2-0. O técnico engade: “Ao comezar a segunda parte, puxémonos 3-0 e a partir dese momento foron caendo os goles e o Narahío empezou a pagar o esforzo físico do comezo. Tivemos máis ocasións e foi un dos mellores partidos da tempada”. A competición de liga da Segunda Galicia de fútbol volve o doce de xaneiro. De momento o Maniños é líder na clasificación con sete puntos e tres partidos xogados.

Deportes

Publica o teu comentario agora