O Maniños pisa forte e gaña ao San Sadurniño

O Maniños pisa forte e gaña ao San Sadurniño

04 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Cultural Maniños desfíxose sen excesivos problemas do San Sadurniño en partido da Segunda Autonómica de fútbol xogado esta tarde no campo do Pote. Os goles de Diego e Jomaca valéronlle os 3 puntos ao equipo local.

Un campo pesado e irregular non impediu que o Maniños controlase o partido, despois de 2 ocasións para o San Sadurniño nos primeiros compases do encontro. O Cultural adiantouse no marcador xa na primeira parte e a partir de ahí levou o partido perfeitamente controlado. O resultado foi xusto, segundo o adestrador do Maniños Angel Mahía.

Con esta vitoria, o Cultural Maniños suma 29 puntos e continua enpoleirado na cabeza da clasificación, empatado co Cariño, que lle gañou esta mesma tarde 3-1 ao Barallobre.

Deportes