O manto verde comeza a cubrir Os Pinares de Perlío

O manto verde comeza a cubrir Os Pinares de Perlío

18 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Para o ano que ven quedará a obra de construcción de novos vestiarios e de renovación do alumeado, pero o campo de fútbol de herba artificial poderá utilizarse en canto remate a instalación da herba sintética. De xeito transitorio, daráselle un lavado de cara aos actuais vestiarios, segundo indicou a Radiofusión a concelleira de Deportes Carmen Silvar.

Os equipos de fútbol do Perlío adestran de xeito provisional no campo das Pericas e máis na pista polideportiva de Centieiras. O conxunto da Segunda Autonómica xoga todos os encontros desta primeira volta fora da casa. Agardan o remate das obras para poder utilizar os Pinares, unha instalación na que tamén poderán adestrar e xogar outros equipos do término municipal.

Deportes