O maquinista, a disposición xudicial

O maquinista, a disposición xudicial

28 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O maquinista do tren Alvia accidentado o pasado mércores en Santiago, Francisco José G.A., saíu da Comisaría compostelá para ser trasladado aos xulgados ao redor das 18.15 horas deste domingo, para pasar a disposición xudicial. O condutor do convoi que sufriu un grave accidente, no que faleceron 79 persoas e resultaron feridos máis dun centenar de pasaxeiros, foi conducido aos xulgados de Santiago de Compostela nun vehículo con distintivo policia

Abrindo paso ía un furgón da Policía Nacional. No medio dunha gran expectación mediática e de cidadáns que se achegaron ao lugar, un gran despregamento policial enfronte da Comisaría tentou preservar a imaxe do maquinista.

Sociedade