O medio rural, en caída libre

O medio rural, en caída libre

08 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Sen as explotacións leiteiras, o medio rural galego padece unha caida libre. Esa foi a mensaxe que este mediodia trasladaron os sindicatos agrarios nas concentracións de protesta pola situación do sector. En 15 localidades, os gandeiros concentráronse denunciando o que califican como pasividade da administración. En Ordes máis de 2000 persoas secundaron a convocatoria do Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xovenes Agricultores.

Os gandeiros concentráronse no Campo da Feira de Ordes ás 12 do mediodia, contando coa participación de varios tractores. Os dirixentes dos sindicatos agrarios encabezaron unha marcha que percorreu o centro da vila, cortando o tráfico na N-551 entre A Coruña e Santiago. Os establecementos comerciais fecharon as súas portas entre as 12 e as 14 horas en sinal de solidaridade. Os productores de leite esixiron garantias de recollida e de prezo e reclamaron medidas de choque. O dia 26 realizarán unha tractorada en ruas e estradas de Galicia e anuncian movilizacións máis fortes se antes non aparecen solucións.

Os representantes do traballadores do agro denuncian que están en grave risco de desaparición as explotacións máis competitivas e non se resignan a ficar como a “pelota do partido de tenis que xogan a Xunta e o Ministerio do Medio Rural”, denuncia Roberto García, de Unións Agrarias. En declaracións a Radiofusiòn, o voceiro do sindicato agrario amosou o seu convencemento de que “o medio rural ten futuro” e rexeitou o “silencio cómplice” das admnistracións perante a crise do leite.

Por outra banda, o director xeral da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, Agaca, Higino Mougán expuxo ás Emisoras Municipais unha circunstancia moi particular que ameaza ás explotacións. Ao contrario que acontecerá cos 155 traballadores da factoría de Leche Pascual, que padecerán un ERE e serán despedidos pero con dereito a paro, Mougán lembra que os responsables das explotacións gandeiras particulares que pechen non recibirán indemnización e, ademais, deberán asumir a débeda procedente dos investimentos feitos nos seus negocios.

Sociedade