O medo ameaza as rúas na noite do Samaín

Morreremos de medo nas noites de defuntos polas rúas de Cedeira
27 de Outubro, 2020 - 02:07 h. | Publicada por Radio Fene

Este é un ano raro para todo e non ía ser menos para o Samaín. Pero, non sería fermoso ver toda Cedeira repleta de cabazas á noitiña? Esa pregunta formulouse a asociación Amigos do Samaín de Cedeira pensando na festa de defuntos que celebran entre o venres e o domingo próximos.

ESCOITA O PODCAST:

Carlos Labraña, membro da asociación cóntanos como vai ser este ano o Samaín está comvencido de que quizás o Samaín deste ano se asemellará máis a como  o celebraban os nosos avós. En Cedeira, localidade que traballou tanto en recuperar esta festa de outono, non se resignan a que pase sen pena nin gloria. A Asociación de Amigos do Samaín trazaron un plan para que os nenos e nenas o celebren, aínda sen exposición e sen merendola públicas. Na casa poden traballar as cabazas e deixalas visibles á porta ou na fiestra para meter medo aos paseantes. Desde que se fai noite, contra as sete da tarde, os veciños e veciñas poderán velas acesas por toda a vila, sempre respectando as distancias e a última norma de meterse na casa ás 11 da noite.

Esta é a recomendación que nos transmiten:

“Labrade a vosa cabaza ou melón, este ano temos tempo para adicarlle en familia, sacádelle unha foto e mandádenola ás no-sas redes sociais acompañada do hashtag #cabazassamain2020. Colocade as vosas cabazas a rente da casa, onde toda a vila as poida ver. Lembrade iluminalas pola noite! Saiamos pasear por Cedeira para ir vendo e admirando todas as cabazas. Sempre con sentidiño e seguindo todas as medidas de seguridade esta-blecidas”.

A asociación deixa disposto outro obradoiro para indicarnos como preparar os colares de zonchos:

“ Cocede unhas castañas con pel, podedes aromatizar a auga con fiúncho, herbas... (preguntádelle á avoa!) e cando arrefríen un pouquiño, xa están listas para facer o colar. Apañade la e agulla e a coser nelas. Antes gustabamos de ir con elas postas ao pescozo no camiño á praza vella. Así que se podemos saír a dar unha voltiña e ver as cabazas pola rúa, xa teredes algo que botar ao bandullo durante o paseo.

A maiores da tradición, en Cedeira están previstas dúas, actuacións. O venres 30 teñen concerto de Pakolas no Auditorio Municipal, ás 20.00h. O domingo 1 de novembro ás 12.30 h. os monicrekes de Kukas presentan “ Xan Perillán e a maleta máxica”. Colaboran Deputación provincial e Política Lingüística - Xunta de Galicia.

Cultura

Publica o teu comentario agora