O Meirás quérelle mover o marco ao Val

O Meirás quérelle mover o marco ao Val

12 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O partido de máxima rivalidade da Primeira Autonómica de fútbol entre O Val e o Meirás xogaráse o sábado ás 4,30 da tarde. O campo de Sinde sofreu as copiosas choivas, pero esta semana mellorou o seu estado, e o adestrador valexo Michel Alonso agarda que o partido se poida disputar sen problemas.

O Val chegará ao derbi coas baixas seguras por lesión de Hermida e Batalla. Para seguir enganchados ao grupo de arriba non poden perdoar, e precisan sumar os tres puntos. O Val é terceiro na clasificación con 37 puntos, e un partido menos.

O Meirás figura na posición de colista con 20 puntos, pero esperan repetir a fazaña da primeira volta, cando gañaron por 2 a 0. Os de Valdoviño levan 8 partidos empatados dos 20 disputados e necesitan gañar para sumar os puntos de tres en tres e intentar abandonar a última posición da táboa. Chegarán coa baixa por lesión de Marcos Yañez, pero o adestrador Sindo Moreira indica que nun partido de rivalidade como o do sábado, as forzas se igualan. Pese a todo esperan un encontro complicado. Como os propietarios de leiras limítrofes, o Meirás intentará sorprender ao Val, e "moverlle os marcos" por sorpresa.

Deportes