O mellor humor galego dase cita en Xove

O mellor humor galego dase cita en Xove

02 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“O humor galego é o mellor do mundo” afirma Roberto Vilar, coñecido polo seu personaxe de Tonecho e director do Festival do Humor de Xove. Unha cita que se celebra mañá sábado, ás dez e media da noite, no Centro Cívico deste concello da mariña lucense. Tras unha exitosa primeira edición, os mellores humoristas do mundo soberán ao escenario a través dun formato semellante ao do “Club de la comedia” con m&uacu

Dirixido e presentado por Roberto Vilar, o festival xurdiu o ano pasado pola súa inquedanza por crear algo no seu pobo e achegar o humor aos seus veciños. Nesta segunda edición, Manquiña, as  Cantareiras de Ardebullo, Luís Zahera, Edu Soto, David Amor e o mimo belga Elliot sacarán gargalladas ao público nun espectáculo de dúas horas.              

A gala rematará cunha sesión dun picadiscos, na praza local. Tamén está previsto entregar o premio Harold Lloyd. O ano pasado concedéuselle ao programa da TVG Luar e nesta segunda edición do festival o galardón recae no espazo de humor Corre Carmela que chove, emitido en Radiovoz e V Televisión, que recollerá Xacobe Pérez.              

Vilar, explicou esta mañá en Radiofusión, que o gran protagonista da xornada é o público, 1.200 persoas que “gozarán de dúas horas espectaculares e máxicas”. Non se deixa nada á improvisación e contarán cunha magnífica posta en escea con alguna incógnita para sorprender ao público. Co seu humor característico, Vilar informou que para quencer motores se colocará unha pantalla xigantes na Praza do Concello de Xove para seguir o partido España-Paraguay. “Semella que o fútbol move todo”, sinalou, e así asegúrase que a xornada sexa completa.

Como antesala do festival, ás once e media desta noite, haberá unha sesión “jolfa” con Tonhito de Poi e un dos mellores monologuistas galegos, Gadi.  A previa do festival terá lugar no Club Social de Palmeira. O antiguo Heredeiro presentará o seu novo espectáculo, “A Pelo”.

Todo o diñeiro recadado da zona Vip, destinarase á asociación de país de nenos e adolescentes con necesidades especiais (ASPANANE).

Sociedade