O mellores cociñeiros do mundo darán a probar as súas creacións en Santiago

O mellores cociñeiros do mundo darán a probar as súas creacións en Santiago

18 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Santiago converterase, desde pasadomañá sábado ata o mércores, na capital gastronómica do Arco Atlántico. Algúns dos mellores cociñeiros do mundo, como Ferrán Adrià, Pierre Gagnaire ou Jacob Mielcke, amosarán as súas artes culinarias no marco do Fórum. O evento -organizado por Turismo de Santiago e Pep Palau, von Arend & Associats- celebra en Compostela a décimo primeira edición da súa histori

O Fórum Gastronómico celebrase no Recinto Feiral de Amio, pero a principal novidade desta edición é que as súas actividades se achegan ás rúas e prazas de Compostela. Na xornada do sábado poranse en marcha propostas como o II Concurso de Pulpeiras, visitas guiadas temáticas ou os obradoiros Merco e cociño con… no Mercado de Abastos. O domingo os amantes da gastronomía poderán percorrer o Recinto Feiral e seguir gozando de actividades, incluído o FórumNenos.

De luns a mércores desenvólvese o congreso profesional, que este ano dará máis protagonismo aos obradoiros onde destacados profesionais cociñan en directo as súas creacións ofrecendo ao final da sesión unha degustación aos asistentes. O codirector do Fórum, Jaume von Arend, explicou en Radiofusiòn que se trata dunha aposta que os diferencia do resto de eventos similares. Póñense en marcha tamén o FórumViño, con catas e maridaxes; o FórumDoce, centrado na cociña de sobremesa; e o eFórum, coa celebración do III Encontro Europeo de Bloggers Gastronómicos.

Sociedade