O Mes das Letras en Fene

O Mes das Letras en Fene

30 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Maio 2013. Mes das Letras". Teatro, monólogos, contacontos, conferencias, música...Todas as actividades recollidas nun programa de man  que o concello de Fene presentou este mediodía e que reparte dende hoxe por todas partes. É ben facerse con el porque nos conduce día a dia , do 3 ao 31 de maio pola sociedades fenesas e polos actos repartidos entre cada unha delas. O alcalde de Fene e a edil de Cultura, Rocío Bértoa presentárono

O mes de maio ábrese cantando Fene a Rosalía. Sete corais e rondallas participan nun festival que abre o programa cultural das Letras Galegas.

Un repertorio formado integramente por poemas de Rosalía de Castro. Ese será o programa do certame de corais que se celebrará este venres 3 de maio ás oito da tarde no local da Liga de Amigos de Barallobre. Participarán a coral Eterna Xuventude, polifónica de San Valentín, O Pote de Maniños e Agarimo de Sillobre. Tamén as rondallas Perla del rio e Estrelecer, ademais do coro infantil- xuvenil de Agarimo de Sillobre. O ciclo Maio Mes das Letras vaise desenvolver durante todo o mes de maio nas oito parroquias de Fene, segundo salienta o alcalde Gumersindo Galego.

Rocío Bértoa destacou que o concello, como tal institución, quixo nesta ocasión tan especial, no 150 aniversario da obra Cantares Gallegos de Rosalía, ser parte da celebración. Bértoa declarou que Rosalía compartirá protagonismo co dramaturgo e actor, Roberto Vidal Bolaño, ao que se adica este ano o 17 de maio. Sobre el hai conferencias e teatro. A primeira conferencia no CCRD Perlío o 9 de maio, a cargo de Mariola hermida. Tamén falará do homenaxeado e a sua obra teatral, a profesora da UDS, Dolores Vilavedra, o mesmo 17 de maio no CMI Unidade de Fene.

Sociedade