O momento coruñento con Queremos Galego

O momento coruñento con Queremos Galego

02 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O momento coruñento ou o estoupido artístico e cultural da cidade da Coruña está coa plataforma Queremos Galego. Despréndese iso da participación este mediodia do músico Xurxo Souto no acto de convocatoria da manifestación en defensa da lingua galega que se desenvolverá en Santiago de Compostela o domingo 18 de outubro. Na mesma dirección vai o movemento Prolingua que mañá s

A plataforma "Queremos Galego" chamou hoxe na Coruña á participación na marcha do domingo dia 18. Xurxo Souto reclamou a implicación dos máis novos na guerra en defensa do galego. A iniciativa tamén recibiu o apoio do actor e director de teatro Manuel Lourenzo.

Como unha iniciativa paralela poderíase definir Prolingua, iniciativa que desenvolverá a súa primeira asemblea ás 11 e media da mañá de mañá sábado na Facultade de Filoloxía de Compostela. Están convidadas tanto as persoas integrantes de ProLingua como todo aquel que queira saber o que significa. Segundo explicou un dos seus impulsores e unha das persoas que estarán presentes nese acto público, Xabier Docampo, no acto presentaránse as primeiras accións que levará a cabo a plataforma. A súa característica común será "a mobilización da lingua galega en Galiza", e demostrar que "os que renegan dela son unha minoría. Os que temos unha lingua propia e queremos que se potencie somos unha maioría".

Cultura