O Monserrat e o Begoña

O Monserrat e o Begoña
07 de Decembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Monserrat fora construído en Baltimore nos Estados Unidos en 1945. A Compañía Transatlántica Española comprouno en 1957 someténdoo a unha serie de reformas para mellorar as súas instalacións de pasaxe En 1962 se lle acometen de novo melloras, instalándose entre outros asuntos, o aire acondicionado. Tiña unha soa hélice e alcanzaba unha velocidade de 17 nós. O transatlántico Monserrat fixo a súa viaxe inaugural coa Compañía Transatlántica Española efectuando escala en Tenerife o 8 de maio de 1957 procedente de Vigo, e zarpando ese mesmo dia con destino a La Guaira, Venezuela. O buque navegou 16 anos coa Transatlántica. 

Fotografia. Exponav

O Monserrat reparouse en Astano en 1965. En 1964 a industria naval española acada as maiores cifras de produción conseguidas ata ese intre e continúa en aumento o número de pedidos. Astano incrementa a súa capacidade coa ampliación, en 1965, da grada dúas ata corenta e seis metros, a montaxe de dous guindastres de sesenta toneladas cada un e a sinatura coa casa MAN para facer motores de catro tempos. O ano seguinte, tres guindastres novos, ampliación da liña de atraque coa construción do peirao número nove, novas máquinas, edificios e materiais. En 1966 entrégase o  primeiro barco realizado nas novas gradas, un petroleiro de máis de 53.000 toneladas o “Ildefonso Fierro”. Astano chega en 1968 aos 3.140 empregados e céntrase en sacar adiante unha serie de petroleiros, que, por aquel intre, estaban entre os de maior tamaño do mundo. 

PEREZ RODRIGUEZ, MARIA ANTONIA (Ferrol, 2001) Astano II. Un estaleiro na ría. Ed.Club de Prensa de Ferrol.

 

Imaxe do Begoña a reparar en Astano en 1973. Fotografía Exponav
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora