ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
José Arriola (1895-1954), foi o compositor galego máis universal do seu tempo. O CD é froito do proxecto de colaboración entre o Consorcio de Santiago e o Consello da Cultura Galega xestado hai oito anos.
Consello da Cultura Galega e a Real Filharmonía de Galicia presentan mañá un disco con obras inéditas do compositor José Arriola. O Consello da Cultura Galega e a Real Filharmonía de Galicia presentan mañá mércores, 21 de novembro, o disco: José Arriola. Orchestral Music, con obras inéditas do compositor galego, ás 12:00 horas no Auditorio de Galicia. É o resultado dun proxecto de colaboración entre o Consorcio de Santiago e o Consello da Cultura Galega, que se iniciou en 2010 coa gravación no Auditorio de Galicia dun dobre CD, que sae agora á luz da man do selo discográfico Brilliant Classics.
No acto de presentación estarán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o mestre Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia e responsable tamén da dirección do disco. Este dobre CD é unha homenaxe ao betanceiro José Arriola (1895-1954), o compositor galego máis universal do seu tempo e un dos máis relevantes dentro do panorama nacional, coñecido como o “Mozart galego” debido ás súas precoces composicións.
Publica o teu comentario agora