O Mugardos ascende de xeito matemático á Preferente Autonómica

O Mugardos ascende de xeito matemático á Preferente Autonómica

26 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Galicia de Mugardos convertiuse esta tarde en equipo da Preferente Autonómica. O equipo logrou onte os 3 puntos ao gañar ao Meirás no campo da Pedreira. Esta tarde o terceiro clasificado, O Val, empatou (1-1) na súa visita a Bertamiráns co que os mugardeses amarran a segunda praza que da dereito ao ascenso de categoría, cando faltan 2 partidos para o remate da competición oficial.

As evolucións do partido Bertamiráns – O Val seguíronse con especial interese desde a vila mugardesa. Tamén os seguidores do Galicia de Mugardos B que xogaba esta tarde en Maniños festexaron o empate de Ames que confirmaba o pasaporte para a categoría superior.

 

A totalidade dos equipos de Ferrolterra de Primeira e Segunda Autonómica transmitiron a través de Radiofusión os seus parabéns ao club mugardés, que levaba varias tempadas intentando o ascenso. 

Deportes