O Mugardos B recibe ao Perlío o sábado

O Mugardos B recibe ao Perlío o sábado

17 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío adianta o seu partido da trixésimo primeira xornada da Segunda Autonómica de fútbol para mañá sábado. Respondeu favorablemente á petición do Galicia de Mugardos B. Os mugardeses queren facilitar a posible concurrencia dalgún xogador do filial co equipo do club que xoga na Primeira Autonómica.

O Perlío contará coa baixa de Fornos que padece unha gastroenterite, ademáis da ausencia de Bastida. Roberto empezou a adestrar esta semana, e o adestrador Fernando Alvarez convocará para o partido a dous xuveniles.

O adestrador Javier Aguilar preparará esta tarde no Ramo o partido do domingo diante do Cariño. O encontro principiará ás cinco da tarde en Barallobre. Contará coa baixa de Josiño e coa ausencia por sanción de Perico. Ao Barallobre réstanlle catro partidos de Liga. Ademais do Cariño, tamén recibirá no Ramo ao Narón B. Visitará ao Valdoviño e ao San Pablo.

O Maniños pola súa banda acude a xogar unha autentica final a Caranza. O equipo do barrio ferrolán precisa dunha victoria para continuar con opcións a manter a categoría. Os de Angel Mahía soñan con alcanzar a cuarta praza. Recuperará para este domingo a Dani Lago. 

Deportes