O Mugardos vai sen medo á Costa da Morte

O Mugardos vai sen medo á Costa da Morte

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Galicia de Mugardos avanza con paso firme cara o ascenso á Preferente Autonómica. Faltan 4 partidos para o remate da Liga e os mugardeses son segundos con 56 puntos. Lévanlle 3 ao terceiro clasificado, o Val. “Dependemos de nós mesmos” afirma o adestrador Juan Antonio Prieto “Cata”.

O Galicia visita ao Cee e ao Ribeira e recibirá ao Meirás e ao Orillamar, pero o técnico mugardés prefire non mirar o calendario. Indica que os xogadores deben afrontar cada partido como se fose unha final para non dispersarse con cálculos e probabilidades. Para a visita ao Cee, contarán coas baixas de Rubén Seco pola rotura dun dedo, Pena por motivos laborais e Pedreira que deberá cumprir un partido de sanción por acumulación de cartóns. O Cee- Mugardos da Primeira Autonómica xogaráse o domingo ás 4 da tarde na vila da Costa da Morte.

Deportes