O mundo da minería plasmado en pintura

O mundo da minería plasmado en pintura

15 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O profesor de Artes Plásticas natural de Rianxo Raúl Gil Burés obtivo o primeiro premio do IV Certame de pintura rápida en explotacións mineiras de Galicia Mineira 2009, dotado con 2.000 euros. Gil Burés xa acadara o segundo premio na pasada edición desta cita artística. O certame, que se desenvolveu o pasado sábado na canteira Eidos, no concello pontevedrés do Porriño, reuniu un total de 54 artistas. Beatriz Seijo Lamas, natural d

A iniciativa, organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia coa colaboración de Grupo DFG e da Asociación de Canteiras de Galicia e co apoio da Consellería de Economía e Industria, ten como obxectivo achegarlle a realidade da minaría e dos seus espazos ao conxunto da  sociedade. En anos anteriores, a canteira Juanita, en Carballeda de Valdeorras, a mina de San Finx, en Lousame, e a de Endesa, nas Pontes de García Rodríguez, foron os espazos onde se desenvolveu o concurso. 

A canteira Eidos, cuxa explotación se iniciou nos anos 70, é a de maior tradición dentro de Grupo DFG.  O material que se extrae é Rosa Porriño, cunha produción anual aproximada de 45.000 metros cúbicos de granito en bloques.

Cultura