O Museo do Pobo Galego ensina etnografía a través do cinema

O Museo do Pobo Galego ensina etnografía a través do cinema

03 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Museo do Pobo Galego inaugura o vindeiro martes unha nova edición da súa Mostra de Cine Etnográfico. O obxectivo da cita, que se celebra por sexto ano consecutivo, é “vincular o mundo audiovisual, que conta cunha gran produción e demanda, e o interese etnográfico de Galicia, onde a tradición tivo un gran peso e aínda está en boa parte operativa”, explican os seus impulsores. Na sesión inaugural, dedic

A Mostra contará con outros dous apartados. A sección de Carlos Velo, onde se pasarán cintas escollidas desde o Museo con importante peso das realizacións galegas, e a Sección Espiello, formada polos documentais gañadores no festival de mesmo nome. Inclúense a controvertida cinta chilena Novas, de Bettina Perut e Iván Osnovikoff; a venezolana Para vestir santos, de Rosana Matecki; e In the bazaar of sexes, un documental centrado nas dificultades de manter relacións sexuais fóra do matrimonio e as estratexias para salvalas en Irán. Entre as propostas galegas pódese destacar Días de reparto, de Jorge Coira e Iker Elorrieta.

Alén das proxeccións, realizaranse actividades paralelas en relación con algunhas das cintas da Mostra como é o obradoiro de Treboadas, que dirixirá Oli Xiraldez. A cita comezará o martes e desenvolverase ata o día 15.

Cultura