O Museo do Traxe Juanjo Linares abre ao público a partir do 27 de marzo

O Museo do Traxe Juanjo Linares abre ao público a partir do 27 de marzo

25 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Unha trintena de alumnos e alumnas da Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago visitaron esta mañá o Museo do Traxe Juanjo Linares. Tratouse de estudantes de Diseño e Moda que quixeron coñecer de primeira man a colección de traxes de Juanjo Linares que se expoñen no museo ordense.

A encargada de recibir aos alumnos foi a concelleira de Educación, Silvia Marín, que explicou aos estudantes algunhas das características da colección do bailarín e coreógrafo ordense, así como a súa historia.

A pesar de non estar aberto ao público, o Museo pode ser visitado por grupos de escolares de maneira gratuíta, tal e como anunciaran xa no seu día dende o goberno local, previa cita no Concello. Está previsto que o Museo do Traxe Juanjo Linares abra ao público a partir do próximo 27 de marzo.

Cultura