O Museo Etnográfico da Capela prepara novos espazos

O Museo Etnográfico da Capela prepara novos espazos

13 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo Etnográfico da Capela prepara un novo espazo que pretende recrear o funcionamento dunha escola rural na década dos anos 50. Ubicaráse nunha antiga escola unitaria que fora construida pola veciñanza no lugar de Guitiriz.

Aparte do labor que non se ve, o museo da Capela ten programado actividades ao longo de todo o ano, feiras, roteiros pola zona, romaxes a Caaveiro, actividades de outono e as xornadas. De feito este sabado arrincan ás 4 da tarde as Xornadas Etnográficas que xirarán arredor dos tres traballos galardoados este ano co Premio de investigación Ferro Caaveiro que se editarán na revista do Museo, O Retorno. Son os de Ana Mª García Caneiro, sobre os usos do castelo de Moeche; o de Manuel Corbeira sobre as respostas de Caaveiro ao Catastro de Ensenada e outro de Adrián Meizoso sobre a Primeira carreira de subida automovilística á Capela do ano 1971, un curioso traballo que sorprendeu ao xurado. O sabado, no remate das Xornadas, soará a musica de Xosé Paz "Pepucho", interpretando o cancioneiro de Monfero.

No mes de decembro o Museo da Capela leva a cabo o “Tal como eramos” unha actividade que implica ás aldeas da contorna. Este ano tócalle á Porta, lugar de San Boulo, de 10 casas. Trátase de que os veciños expliquen aos demais como é o seu lugar contando historias e anécdotas do seu pasado.

Sociedade