O Museo Fernando Villapol de Bretoña premia a Carlos Reigosa pola súa labor a prol da cultura popular galega

O Museo Fernando Villapol de Bretoña premia a Carlos Reigosa pola súa labor a prol da cultura popular galega

06 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O escritor e periodista chairego Carlos González Reigosa recibiu un novo recoñecemento á súa figura por parte dos seus veciños de Bretoña, en A Pastoriza. O Museo Fernando Villapol entregará, o vindeiro mércores 14 de outubro ás 19.00 horas, o premio Venusnoide ao polifacético autor pastoricense, como forma de valorar o seu traballo en favor da cultura popular desta zona de Lugo. O galardón consiste nunha escultura elaborad

Reigosa completa así un ano no que recibiu o premio de “Chairego do ano”, outorgado pola Mancomunidade de A Terra Chá, formada polos concellos de Cospeito, Abadín, Outeiro de Rei, A Pastoriza e Castro de Rei. Ademais, o autor gañou a XX edición do premio Torrente Ballester pola súa novela “La vida del otro”. O periodista e autor lucense é natural da parroquia de A Lagoa, en A Pastoriza, e foi director de publicacións da axencia EFE, ademais de traballar en xornais como La voz de Galicia. Como escritor publicou mais de 15 obras en galego e castelán e obtivo varios premios, como o Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testemuñal, en 1996.

 

 

O premio Venusnoide naceu no ano 2003 e fai referencia a un dos seres que poboan a mitoloxía galega. Este ser, o Señor de Venus Noide, é rico en tesouros e bens inmateriais, e é esta bonanza e riqueza en cultura popular o que pretende ensalzar o galardón deste museo pastoricense.

Cultura