O Mustallar, o teito dos Ancares

O Mustallar, o teito dos Ancares

09 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros organiza unha camiñata polos Ancares dentro do seu programa Andares por Galicia. O punto de destino é o cumio do Mustallar. Sairáse o sábado 12 de xuño ás catro da tarde de Perillo. Chegaráse ao lugar de Degrada, onde se preparará o aloxamento no albergue. Haberá unha ruta- paseo pola tarde antes da cea.

O domingo 13 a primeira hora daráse conta do almorzo e recolleráse o equipaxe. Logo iniciaráse a ruta desde o albergue de Degrada ata o pico dos tres Bispos, para continuar pola linea de cumes, chegar ao Mustallar e desde alí baixar ao Piornedo. Sairáse dalí ás seis da tarde estando prevista a chegada a Perillo para as nove da noite. O prezo ascende a 58 euros para as persoas empadroadas en Oleiros (72 para os non empadroados). Incluese no prezo, o transporte, monitorado, cea, almorzo, pernocta en litera e seguros.

Facilitan máis información no:

Centor de Información Xuvenil
Rúa do Inglés,s/n. Perillo
15172 OLEIROS (A CORUÑA)
Tfno. 981 636598
c.xuventude@oleiros.org

Sociedade