O nómade é un inadaptado, segundo Antía Otero

O nómade é un inadaptado, segundo Antía Otero

21 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Ser nómade é ser un inadaptado, como unha posición de estar no mundo" sinalou a vicepresidenta da AELG e membro do xuri do Pérez Parallé Antía Otero. "Da poesía de María Rosendo quedan as imaxes potentes dunha realidade social" manifestou a escritora no acto de entrega do galardón á gañadora do certame, María Rosendo. O acto celebrouse na tarde noite de onte nos locais do Círculo Mercantil e Indus

"E un dobre recoñecemento pero tamén é unha mágoa" afirmou María Rosendo referindose ao premio Pérez Parallé que recibiu o seu poemario "Nómade", libro que ía ser publicado por Estaleiro Editora. Pero recibir un premio, "Son folgos, azos para continuar coa escrita e seguir traballando". Ademais de María Rosendo e de Antía Otero, no acto tamén interviron o presidente do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene José Manuel Romero e o alcalde de Fene Iván Puentes. A editorial Espiral Maior publicará agora o libro gañador do premio. Ademáis a súa autora recibiu onte unha escultura elaborada polo ceramista Francisco Pérez Porto. O acto rematou cunha aplaudida actuación da rondalla Estrelecer.

Cultura