O Narón preocupado pola lesión de Juanito

O Narón preocupado pola lesión de Juanito

15 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O xogador de Sigüeiro Juanito tivo que abandonar onte o campo da Illa de Arousa lesionado. O veterán futbolista pasará hoxe revisión médica para coñecer o alcance da lesión. Pode ser un pequeno problema muscular ou unha rotura. O propio Juanito non quería onte aventurarse nun diagnóstico na zona, xa que nunca tivo unha lesión destas características. Polo tanto haberá que esperar a esta tarde para coñecer un diagn&oacute

Onte o Narón perdeu dous puntos da súa visita á Illa de Arousa ante o Céltiga. Comezou marcando o equipo de Piñeiros co gol de Caqui no minuto 15 de partido. Aos poucos minutos empatou Adrián para os locais. Con empate a un tanto chegouse ao descanso. Na segunda metade Manuel no 35 e de novo Adrián asinaron o empate do partido e o reparto dun punto para cada equipo.

Deportes