O Narón quere furar na mina do Cerceda

O Narón quere furar na mina do Cerceda

15 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A gañar como sexa, vai o Narón o domingo enfrontarse co Coruxo no campo do Bao. O equipo adestrado por Luis Miguel Garcia pelexa por 1 das prazas que dan dereito a xogar a fase de ascenso á Segunda B do fútbol. Soñan con repetir o éxito do pasado ano, cando participaron no play off, sendo eliminados polo Antequera o 31 de maio do 2008. Os dous conxuntos empataran a ceros en Rioseco, pero no partido de volta na localidade andaluza gañaron os locais por 4

A pesar de caer eliminados, en Narón quedou bó sabor de boca da épica participación na fase de promoción. E este ano queren repetir. O Narón é na actualidade 5º con 48 puntos, a 4 do Cerceda, clasificado na cuarta posición que da dereito ao play off.

 

Quedan 6 partidos para o remate da competición oficial e en Rioseco recibiráse ao Montañeiros o Arousa e o Lalín, mentras que se xogará a domicilio contra o Coruxo, o Alondras e o Negreira. Segundo o presidente do club Andrés Gómez, o calendario é complicado pero é practicamente idéntico ao do Cerceda. Os equipos que deixa o Narón colleos a formación da localidade mineira. O primeiro chanzo da escaleira que leva á fase de promoción preséntase este domingo ás 6 da tarde no campo do Bao en Coruxo, un equipo que xogará coa tranquilidade de non xogarse nada no que queda de Liga.

 

Deportes