O Noitebús, a debate no Parlamento

O Noitebús, a debate no Parlamento

10 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Parlamento Galego vota hoxe unha proposición non de lei arredor do Noitebús. A iniciativa insta á Xunta a elaborar un estudo no que se recollan as rutas de fin de semana que presenten maior índice de sinistralidade entre a xente moza, co fin de que o servizo do Noitebús responda na súa planificación á necesidade de traballar a prol de reducir o número de accidentes de tráfico. Defendeu a proposta no pleno a deputada do BNG Tareixa T&aac

Táboas explicou que se trata de vencellar o servizo de Noitebús eliminado polo actual Goberno á seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, polo que non se entendería o voto en contra dos populares, dixo, lembrando que o ano pasado se rexistraron 179 mortes en accidentes, dos que 37 eran menores de 25 anos. 

A deputada nacionalista lembrou que un goberno responsábel ten que ter políticas de seguridade viaria acaídas, non “erráticas” e “de ocurrencias” como as da actual Xunta, e denunciou que a estas alturas aínda non estea presentado o comprometido Plano de Seguridade Viaria, que tamén foi reclamado estes días pola presidenta de Stop Accidentes, e polo que se está agardando dende Decembro do pasado ano. 

Fronte a esta realidade, afirmou, a Xunta non só decidiu suprimir o servizo de Noitebús, por cuestións de “austeridade”, de “rendabilidade”, cualificándoo de “adicional” malia que serva para salvar vidas, senón que puxo en marcha recientemente unha campaña que consiste en proxectar nos pubs galegos, a última hora da noite, un vídeo para concienciar aos rapaces a non coller o coche, cunha letra propia “duns cracks”, que di, entre outras cousas, “son un yonki del tocino y de la velocidad”. 

Á marxe de discutir sobre o feito de que semella que o galgo non se entende entre a mocidade cando leva unhas copas, Táboas fíxose eco de diferentes comentarios aparecidos en distintos blogs de mozos e mozas ridiculizando a proposta da Xunta. 

A deputada nacionalista lembrou que segundo dados da propia Xunta, en resposta a outras iniciativas do BNG sobre este asunto, no 2009 se beneficiaron do Noitebús 413.000 mozos e no primeiro trimestre de 2010 237.000, polo que non se xustifica a súa retirada e moito menos, engadiu, o servizo que se ofrece nestes momentos, sen planificación algunha, onde as rutas pasaron de sumar máis de 190 a unhas 30, sen horarios nin prezos fixos e establecidos non se sabe con que criterios, concluiu.

Institucional