O novo disco de Caetano Veloso sairá en abril

O novo disco de Caetano Veloso sairá en abril

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O popular cantautor brasileiro Caetano Veloso presentará en abril o seu novo traballo musical titulado "Zii e zie" ("Tíos e tías" polo seu nome en italiano), que volverá apuntar por un estilo "rockero". "Elixín o nome pola fermosa e curiosa impresión que esas palabras simples, 'zii e zie', causan cando están escritas xuntas", declarou Veloso á edición en Internet do diario

O artista detallou que as palabras atopounas nunha tradución italiana de "Estambul", libro do Premio Nobel turco Orhan Pamuk, que leu en Turquía logo de ser obsequiado con el por unha admiradora italiana."É un modo libre de nomear a un disco lanzado á aventura", completou Veloso, quen admitiu que o traballo é similar a "Cé", o seu último álbum con certo estilo rockero que contou co respaldo do seu amigo e líder da banda escocesa Talking Heads, David Byrne. Veloso naceu no nororiental estado de Bahía e é un dos precursores do chamado movemento tropicalista dos anos sesenta. O músico abriu un sitio web para falar da serie de concertos realizados no pasado ano 2008. Afirma nesa páxina o seguinte:

 

Obra em Progresso, série de concertos realizados no Rio de Janeiro por Caetano Veloso durante todo o ano de 2008, é oportunidade inédita para o público acompanhar de perto o processo criativo de um dos maiores artistas brasileiros. Canções que acabaram de ser compostas são apresentadas no palco e aprimoradas em shows diferentes a cada semana. Apesar de não ter sido concebida com esta intenção (Caetano diz que resolveu agir assim inicialmente apenas como uma maneira de ficar mais tempo no Rio de Janeiro, depois de anos de muitas e demoradas excursões nacionais e internacionais), essa proposta tem tudo a ver com questões centrais que o surgimento da internet coloca para a produção cultural contemporânea.

Cultura