O novo goberno de Fene mantén as remuneracións políticas

O novo goberno de Fene mantén as remuneracións políticas

02 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O novo equipo de goberno de Fene acordou non incrementar os gastos no que se refire ás remuneracións dos cargos políticos. Por iso mantense o soldo do alcalde e dos concelleiros. O alcalde de Fene,  Juventino Trigo, cobrará a metade do salario da alcaldía e os concelleiros do Bloque, Sandra Permuy e Justo Martínez repartiránse a outra metade.  A segunda adicación exclusiva será para o PSOE. Desta maneira, o concello de Fene mante

O Alcalde, Juventino Trigo do BNG encargarase da Facenda municipal. Justo Martínez encargarase de Urbanismo, vivenda e patrimonio; mentres que Sandra Permuy responsabilízase de Persoal,  Seguridade e Formación e Emprego. Medioambiente será para Mariela Aguilar.
O acalde de Fene pretende que exista unha coordenación entre as diferentes áreas e deixa claro que ningunha é máis importante que outra.

No que respecta aos edís socialistas; Amalia García será a titular de Cultura e Educación. Antón Noceda será o encargado de Obras e Servicios, mentres que Joaquín Ayala se ocupará de Benestar e Igualdade.

Promoción económica, Comercio e Turismo será a área de traballo de César Castro, concelleiro de Somos Fene. Mentres que Xoan Manuel Bastida será o responsable de Deportes, Participación e información cidadá, transparencia e comunicación

Así, a Xunta local de Goberno fórmana o alcalde e os tenentes de alcalde; Antón Noceda, Xoan Manuel Rodriguez Bastida, Sandra Permuy e Joaquín Ayala. Onte á mañá reuníuse a Xunta de Portavoces na que están representados o PP e EU para comunicarlles a estes últimos o acordo final de goberno. Convocarase un pleno de inmediato, en canto sexa posible, para oficializar o organigrama de goberno.

Moitas visitas de veciños e moitas cousas pendentes por ultimar. De momento os primeiros días están sendo agotadores, segundo Juventino Trigo.

Sociedade