O obradoiro “As menciñeiras habelas hailas” inaugura en Allariz as Xornadas de Igualdade

O obradoiro “As menciñeiras habelas hailas” inaugura en Allariz as Xornadas de Igualdade

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A quinta edición das Xornadas da Igualdade entre homes e mulleres daba comezo o domingo en Allariz. Dentro da programación atópase un obradoiro no que poden participar homes e mulleres e que leva por título “As menciñeiras habelas hailas”, impartido pola axente forestal Zeltia Burgos Tortosa. Terá lugar ás sete e media desta tarde no Fogar Maior.

&n

A relatora e os asistentes falarán dos usos das plantas medicinais de Galicia como parte do noso patrimonio natural que forma parte da cultura galega transmitida polas mulleres a través das xeracións, algo perdido na actualidade. O obradoiro centrarase no traballo con algunha planta da zona que utilizarán para facer algunha receita.

Sociedade