O Obradoiro encherase de globos co obxectivo de concienciar sobre o autismo

O Obradoiro encherase de globos co obxectivo de concienciar sobre o autismo

02 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un de cada 500 nenos pode padecer algún dos trastornos do Espectro Autista, o que supón uns 3500 casos na nosa comunidade. A Federación Autismo Galicia, que representa a 12 entidades, dá a coñecer estas cifras neste 2 de abril, declarado por Nacións Unidas como Día Mundial de Concienciación sobre esta síndrome. A conmemoración desta data visibilizarase na compostelá Praza do Obradoiro, onde nenos con este trastorno,

O autismo é un trastorno do desenvolvemento causado por unha disfunción prenatal do Sistema Nervioso Central que persiste ao longo de toda a vida. A síndrome, que non enfermidade, faise evidente durante os trinta primeiros meses de vida e provoca diferentes graos de alteracións na linguaxe, comunicación, competencias sociais e imaxinación. Con frecuencia, estes síntomas acompáñanse de comportamentos anormais, tales como actividades de carácter repetitivo, movementos de balanceo ou obsesións insólitas.

Un dos obxectivo deste Día Mundial de Concienciación do Autismo é dar a coñecer todas estas características, pero tamén se pretende dar voz ás reivindicacións dos familiares dos nenos con trastornos do espectro autista. Desde a federación galega solicitan maior orzamento para os centros de día ou residencias e reclaman máis profesionais. Na actualidade a ratio é dun coidador por cada sete persoas con autismo, mentres que eles reclaman que se chegue a un monitor por cada tres pacientes.

Autismo Galicia tamén está a traballar na creación dun carné, unificado e recoñecido oficialmente, que identifique a todas as persoas que padecen esta síndrome co obxectivo de que, ante calquera problema, poidan recibir a atención e axuda axeitadas.

Sociedade