O pórtico de Astano e a catedral de Santiago

O pórtico de Astano e a catedral de Santiago

31 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A catedral de Santiago podería pasar por debaixo da grúa pórtico de Astano. E unha das primeiras cousas que se lles dicia aos visitantes do estaleiro na década dos anos 70. Daquela uns 10.000 traballadores cruzaban cada dia as portas da empresa. Agora anunciase outro vencello entre o pórtico e Santiago de Compostela.

A sección de montaña Pórtico do grupo de empresa de Astano anuncia para o vindeiro sábado a realización dun tramo do camiño de Santiago. Iniciaráse o percorrido no lugar de Herrerías en Valcarce. Finalizarán o tramo no Cebreiro despois de 3 ou 4 horas de camiñata. O desprazamento ata o punto de partida faráse en coches particulares ás 8 da mañá desde a rúa do Castro en Perlío (Fene). As persoas interesadas poden apuntarse no teléfono 981 338403.

Deportes