O pacto de Fene no arame

O pacto de Fene no arame

24 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O PSOE de Fene esixe ao socio de goberno lealdade e colaboración. O BNG demanda á formación coaligada respecto institucional e maior liderazgo por parte da alcaldía. Son só duas das diferencias que deberán debater e dirimir entre eles, os nacionalistas e socialistas hoxe nunha reunión que probablemente se celebre na sede local do PSdeG, onde se celebraron as anteriores. Representantes dos dous grupos políticos que cogobernan este concell

As relacións non foron fáciles, a tenor dos desencontros que, sobre todo nos ultimos meses, trascenderon á luz pública. A denuncia por parte do alcalde Iván Puentes contra Xosé Mª Rivera Arnoso pola Casa de Cela, no pasado mes de decembro puido supoñer un antes e un despois no pacto municipal.

O caso é que as diferencias empezaron a aflorar en momentos puntuais e en casos como as movilizacións dos funcionarios que pediron a dimisión do entónces concelleiro de persoal, Antón Noceda. Os orzamentos municipais do 2009 aínda sen aprobar; a demanda da reactivacion de Astano do colectivo Rumbo 21 que o alcalde non asinóu; ou a última polémica arredor do exame das prazas de peón, aínda quente. . Esta tarde celebrase unha reunión que, segundo trascendeu, para moitos suporá a ruptura do pacto. Onte e hoxe publicáronse na prensa documentos dun e doutro lado con estractos das esixencias de cada un para seguir adiante.

O BNG resúme as suas críticas en tres puntos:

1. Na perda progresiva da participación, da democracia interna e dos  mínimos de respeto institucional aos grupos políticos. ( orzamentos, oposicións, comisións informativas
2.-Ineficiencia administrativa e organizativa, o concello é máis lento e burocrático que hai dous anos tendo longos prazos de resolución dos asuntos que afectan aos administrados, licenzas de obra, apertura de actividade ou certificados de empadronamento.
3.Falla de liderazgo e de coordinación da alcaldía. Inexistencia dun traballo ordenado e dun seguimento do mesmo por parte do alcalde. Ausencias habituais dos organos de goberno que impiden unha atención acaída aos veciños e veciñas >e a resolución dos seus problemas.

O PSOE seguirá se o Bloque se compromete a ser leal e a colaborar en lugar de confrontarse ás decisions do socio de goberno. En segundo lugar demandan a mellora da área de servicios e mantenemento que detenta o Bloque, afirmando que é o departamento ao que chegan máis queixas dos cidadáns. Por ultimo Iván Puentes demanda dos nacionalistas un traballo en positivo e que recoñezan que houbo un cambio de rumbo nas ultimas eleccións e que o PSOE gañou. Ademais Puentes sinala que non lle da medo gobernar en minoria no caso de que non propere o diálogo na xuntanza desta tarde. Ambas formacions politicas deberán ratificar nas suas asambleas de base a decisión final.

Sociedade